13 de mar. de 2020

O concello activa un dispositivo de voluntariado para a atención da veciñanza máis vulnerable

O concello activa un dispositivo de voluntariado para atender ás persoas que se atopan en situación de dependencia e soidade ou que teñen mobilidade reducida, polo que se fai un chamamento á cidadanía para que colabore no servizo, dadas as circunstancias provocadas polo coronavirus.
Para formaren parte do equipo solidario, as persoas solicitantes teñen que ser maiores de idade e inscribirse a través dun formulario, que está colgado na páxina web https://www.coruna.gal/participacion/gl/voluntariado/voluntariado-covid-19. Tampouco poderán anotarse como voluntarias e voluntarias se están enmarcadas nos colectivos de risco. As e os cooperantes recibirán as indicacións oportunas por parte de Protección Civil de cara a desenvolver os labores que se lles pidan nas condicións axeitadas.  
Todas e todos os que asuman este traballo sen remuneración farano de forma individual e seguindo as indicacións e medidas de prevención marcadas polas autoridades sanitarias.
Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive