Desde hoxe podedes facervos coa primeira escolma de temas gravados no estudio dos locais de ensaio polos grupos usuarios. Son 7 cancións que abranguen desde o Folk de Con Canto Donaire, até os diversos paos do Metal de Cygnus, Avézar e Devastating Defeat, pasando polo Punk-Rock de Venus on Fire o Hard-Rock de Drinking zaps (de agora en diante Dharmak), ou a proposta máis calmada por parte de Almakoa.
Xa podes recoller de balde a túa copia no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, ou nos mesmos locais de ensaio.
Aproveitamos a ocasión tamén para comunicarvos que podedes atopar as cancións que se gravan nos locais en myspace.com/locaisdensaiomocidade .