11 de mar. de 2018

Ensáiate!: Aberto novo prazo ordinario de inscrición


Ábrese un novo prazo de inscrición para optar a unha das 48 prazas de ensaios dispoñibeis para os vindeiros 6 meses. De vos interesar, deberase facilitar toda a documentación requerida ao enderezo electrónico: xuventude@coruna.es. As inscricións deberán adxuntar:

- Solicitude debidamente cuberta
- Fotocopia do DNI de todas as persoas integrantes do grupo
- Certificado de empadroamento, con data de 2018, ou ben matrícula nun centro educativo da cidade para o curso 2017/2018 de, alo menos, o 50% dos/as integrantes do grupo
- Permiso do pai, nai, ou responsábel legal de todas as persoas menores de 18 anos, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso

Como atoparás nas bases de convocatoria, os únicos requisitos para acceder aos ensaios son:

- Que, alomenos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos
- Que, alomenos, a metade do grupo certifique vivir actualmente na Coruña, ou ben curse estudos actualmente nun centro educativo da cidade

O periodo de inscrición ordinario comprende desde o luns 12 até o domingo 25 ás 14.00 h CET. As solicitudes enviadas logo dese intre tramitaranse unha vez comezadaa a nova quenda de ensaios, formando eses grupos a listaxe de agarda por orde de recepción de solicitudes.

Os novos horarios darán comezo o luns 23 de abril. A listaxe provisional publicarase o 28 de marzo, dando pé a un prazo de reclamacións e de presentación de documentación requerida que rematará o sábado 7 de abril. A partires do 11 de abril presentarase a listaxe definitiva de admitidos, convocando a (alomenos) un/unha representante de cada un deses grupos á xuntanza de adxudicación de horarios.
Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive