15 de mar. de 2017

Aberto novo prazo de inscrición


Ábrese un novo prazo de inscrición para optar a unha das 48 prazas de ensaios dispoñibeis para os vindeiros 6 meses. De vos interesar, deberedes presentar o formulario de inscrición, xunto á documentación requerida, ben nun dos Rexistros Municipais (Pazo de María Pita, Fórum Metropolitano e Centro Ágora) de luns a venres en horario de 08.00 a 14.00 h, ou ben de xeito telemático mediante a Sede Electrónica. As inscricións deberán adxuntar:

- Solicitude debidamente cuberta
- Fotocopia do DNI de todas as persoas integrantes do grupo
- Certificado de empadroamento, con data de 2017, ou ben matrícula nun centro educativo da cidade para o curso 2016/17 de, alo menos, o 50% dos/as integrantes do grupo.
- Permiso do pai, nai, ou responsábel legal de todas as persoas menores de 18 anos, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso

Como atoparás nas bases de convocatoria, os únicos requisitos para acceder aos ensaios son:

- Que, alo menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos
- Que, alo menos, a metade do grupo certifique vivir actualmente na Coruña, ou ben curse estudos actualmente nun centro educativo da cidade

O periodo de inscrición comprende desde o mércores 15, até o venres 31 de marzo ás 14.00 h CET. As solicitudes recibidas logo dese intre tramitaranse unha vez comezada a nova quenda de ensaios, formando eses grupos a listaxe de agarda por orde de recepción de solicitudes.

Os novos horarios darán comezo o luns 24 de abril. A listaxe provisional publicarase o 5 de abril, dando pé a un prazo de reclamacións e de presentación de documentación requerida que rematará o mércores 12 de abril ás 14.00 h CET. A partires do 18 de abril presentarase a listaxe definitiva de admitidos, convocando a (alo menos) un/unha representante de cada un deses grupos á xuntanza de adxudicación de horarios.





Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive