19 de abr. de 2017

Listaxe definitivo de admitidos para o comezo da quenda semestral abril-outubro 2017

A continuación se publica a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que comezará o vindeiro luns, 24 de abril.


Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios que terá lugar o xoves ás 20.00 h, no Coliseum (acceso pola porta número 12).
Share:

17 de abr. de 2017

Concursos musicais (primavera 2017)

Son moitos os certames que, aproveitando os meses previos á temporada de festivais, póñense en marcha. Non deixes pasar a oportunidade de inscribir ao teu grupo nos seguintes concursos musicais:

- O concurso anual de CUAC FM para bandas e solistas xa publicou as súas bases para esta XIX edición.
Premios: Até 800 € + Tocar no Festival Noroeste Estrella Galicia.
Data límite de inscrición: 26 de maio

- O concurso Rock da Deputación da Coruña pasa a chamarse nesta nova edición Concurso Fran Pérez "NARF" para grupos e artistas musicais.
Premios: Até 3000 €
Data límite de inscrición: 15 de xullo

- Sonidos Mans engloba todos os concursos nos que colaboraba Estudios Mans xunto a diversos festivais galegos.
Premios: Tocar nalgún destes festivais: Atlantic Fest, O Marisquiño, Sonrias Baixas, Portamérica, Revenidas, e/ou Sinsal.
Data límite de inscrición: 28 de abril

- Concurso Pop-Rock Villa de Bilbao. Pese a distancia, de seguro que a cuantía dos seus premios animan a participar a máis dun grupo coruñés.
Premios: Até 5000 €
Data límite de inscrición: 15 de maio

- Proyecto Demo 2017 é unha colaboración de RTVE e o Festival Internacional de Benicàssim. Na edición anterior, o grupo usuario dos Locais Say My Name chegaron ás semifinais deste certame.
Premios: Gravación no programa "Los directos de Radio 3", e emisión en La2 + Tocar no FIB, cun caché de 1000 €, e pases de backstage para os 4 días de festival.
Data límite de inscrición: 24 de abril

Para máis novas de interese musical, visita as páxinas dos Locais de Ensaio en Facebook e Twitter.
Share:

5 de abr. de 2017

listaxe provisional de admitidos para a quenda semestral abril-outubro 2017

A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que comezará o 24 de abril.
Unha vez publicada a listaxe provisional, ábrese un prazo de 5 días hábiles, desde a publicación, para que os interesados podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán achegar a documentación requerida nos rexistros municipais en horario de 08.00 a 14.00 h. Esta documentación tamén se poderá entregar de xeito telemático a través da sede electrónica. O prazo rematará, en ambos os casos, o mércores 12, ás 14.00 h CET.

De existir algún grupo que, tendo presentado a súa solicitude en prazo, non aparezan aptos nesta listaxe, poderán porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña  no e-mail: locaisdensaio@gmail.com

Todos os grupos que finalmente resulten aptos estarán convocados á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo todos os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no noso regulamento interno, precisando un representante de cada grupo (no caso de non respostar no momento en que lle toque, ese grupo irá por orde para a listaxe de agarda).
Share:

3 de abr. de 2017

Crónica dos últimos obradoiros



Nos Locais de ensaio comezamos a primavera con moitos folgos...

O 24 de marzo visitounos Pablo Barge para falar de como no seu proxecto musical, Chupadeskay, xera e xestiona todos os contidos, tendo o artista o control absoluto das súas publicacións. Falou do software preciso para gravarse na casa, xa sexa audio ou video, e deu ideas de como enfocar unha canle de Youtube dun grupo. Ao remate da sesión, os/as asistentes tiveron unha práctica real na que gravaron audio e video.




Xa o sábado pasado, Pablo García Ferradás explicou nocións importantes para mellorar a interpretación do músico á hora cantar, como o xeito no que funcionan os nosos corpos á hora de emitir sons, a importancia do quencemento, coñecer o noso "instrumento" para saber até onde se pode chegar, e un longo etcétera, co fin de mellorar as cualidades vocais dos/as presentes no que foi un obradoiro especialmente práctico.



Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive