31 de maio de 2017

Prepara(ndo) o verán


Cadrando co 7 aniversario da apertura dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña, abrimos prazo de inscrición para "Prepara(ndo) o verán". Esta actividade formativa nace como un resumo de varios obradoiros realizados no pasado (como conseguir concertos, industria musical, autoedición e autoprodución, imaxe corporativa, expresión corporal no escenario, saúde musical, ...) co fin de que os grupos adquiran certos conceptos loxísticos, dinámicas profesionais, boas prácticas, etc... importantes de cara a afrontar a temporada veraniega de concertos, e comecen a organizarse para tentar facer crecer o seu proxecto nos vindeiros meses. O coidado das redes sociais do grupo, a importancia do dossier e do rider técnico, ou a comunicación con outros axentes do eido musical serán algúns dos temas a tratar.


O obradoiro terá lugar no Espazo de Iniciativas Xuvenís (r/ Matadoiro, 68) na mañá do sábado 10 de xuño. Para inscribirse, só é preciso cubrir o formulario que se atopa na marxe dereita deste blogue, e envialo antes do mércores 7 de xuño ás 21.00 h, tendo prioridade na asistencia os/as actuais usuarios/as dos Locais de Ensaio, e despois as persoas menores de 30, aínda que pode solicitar asistencia toda a cidadanía.

Actualización:

Debido a imprevistos, vémonos na obriga de adiar o obradoiro "Preparando o verán". Comunicaremos unha nova data, e abriremos novamente o proceso de inscrición.
Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive