23 de set. de 2025

Ti tes o son!

 

Desde este martes, 23 de outubro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo.


Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:


- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2025), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2025/26 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso


O prazo ordinario de inscrición rematará o 3 de outubro ás 13.00 h. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 27 de outubro.


Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.

Share:
Localización: Rúa Francisco Pérez Carballo, 2, 15008 A Coruña, España

0 comentarios:

Publicar un comentario

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive