16 de xuño de 2025

Directos No Castelo 2025


O vindeiro 20 de xuño o Castelo de San Antón acollerá un evento moi especial: A IV edición dos Directos No Castelo que celebrará os 15 anos de vida do proxecto dos Locais de Ensaio da Área de
Benestar.


Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña acaban de cumprir 15 anos traballando cos proxectos
musicais da mocidade coruñesa, ofrecéndolles de balde un espazo totalmente equipado onde poder
ensaiar, e facilitándolles os primeiros pasos para deselvolver a súa carreira, tanto con gravacións de
maquetas no seu estudio, como cun departamento de imaxe que lles facilita sesións fotográficas,
creación de logos, ou a edición de material audiovisual.


Para conmemorar este aniversario Directos no Castelo contará con 6 grupos residentes nos Locais de
Ensaio: Apolo18, Experimento Basement, FNXX, Hathereal, Revel Velvet e Roda Door, quenes
encherán de música o Castelo de San Antón durante as 3 horas que durará un evento apto para todos
os públicos, e no que haberá moita diversidade de estilos musicais no festival: desde Indie-Pop a Metal,
pasando por Blues, Rock, Funk, Grunge, ... unha mestura de estilos única nun espacio espectacular. Para
acceder como público, só hai que descargar os convites que están á disposición de toda a cidadanía desde o luns 16 ás 12.00 h en coruna.gal/mocidade. As entradas son limitadas.


Como previa, neste evento contaremos coa participación da equipa de Información Xuvenil que estarán
no acceso ao castelo cun stand informativo e con reto divertido e paticipativo e cun espacio de
actividades da man de Nocturnia, o programa de ocio saudable da concellaría de Benestar Social,
Igualdade e Participación, que proporá obradoiros de estampación natural, artesanía e múscia, para
mozas e mozos de 12 a 30 anos (con inscripción previa).

Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive