23 de out. de 2025

Listaxe definitivo de grupos admitidos

A Continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o 27 de outubro. Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.

As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en marzo, serán tratadas por orde de recepción, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.

Share:

8 de out. de 2025

Listaxe provisional de grupos admitidos


A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 27 de outubro:

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail: xuventude@coruna.gal.


De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá pórse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.


Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical inscrito. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios todavía non asignados.

Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive