O vindeiro día 19 tocará madrugar para desfrutar do ambiente que se crea co Maratón Atlántica Coruña42. Desde os Locais de Ensaio, e como en anteriores edicións, apoiamos o evento con 6 grupos usuarios que quixeron formar parte da festa, e mostrar (tanto a corredores como á cidadanía) do que son capaces. Habilitaranse 2 escenarios para estes grupos: Casa Sol, con vistas á praia do Orzán, e en Ramón y Cajal (a uns 20 metros da entrada do Centro Comercial de Catro Camiños).
Presentamosvos aos grupos:
The Sonic Headlight: Banda de Rock Alternativo con temas propios en inglés, e influenciados por bandas desde Muse ou Radiohead até Artic Monkeys ou Black Keys.
The Sonic Headlight tocarán ás 08.30 h. no escenario de Catro Camiños
Say My Name: Grupo de Pop inglés, que formaron parte na final do Noroeste Pop-Rock 2014, e foron seleccionados para o circuito Coruña Sonora. Actualmente, se atopan finalizando o seu segundo EP.
Say My Name tocarán ás 09.30 h. no escenario de Catro Camiños
Us in the Mirror: Cada membro é unha liña do pentagrama sobre o que escriben a súa música, para buscar un estilo único e coa forte intención de transmitir todo no que cren.
Us in the Mirror tocarán ás 09.10 h. no escenario de Casa Sol
Avézar: Grupo de Rock/Metal formado entre amigos nos Locais de Ensaio do barrio de Monte Alto
Avézar tocarán ás 10.10 h. no escenario de Casa Sol
Almakoa: Grupo creado a partires de amigos desde a infancia. As súas raíces xurden a partires das quedadas na praia onde a inspiración viña soa tras sesións de surf.
Almakoa tocarán ás 11.10 h. no escenario de Casa Sol
Beards & Beers: Grupos de Rock & Roll do malo (según eles!!) buscando facerse un oco no panorama.
Beards & Beers tocarán ás 12.10 h. no escenario de Casa Sol
Poderedes apoiar a todos estes grupos, tanto asistindo aos seus concertos, como por twitter co hashtag #AnimaciónCoruna42locaisdensaio (un chío por día) desde o domingo 19 ás 08.00 h até o domingo 26 ás 23.59 h. O premio da animación está en xogo :)
0 comentarios:
Publicar un comentario