Hoxe tivemos unha divertida e instructiva tarde no Espazo de Iniciativas
Xuvenís. Daniel Currás explicou aos/ás asistentes como, co adecuado
vestiario e variando certas posturas do noso corpo, conseguimos unha
interpretación máis veraz. O fin deste obradoiro era mellorar a
expresión corporal mentres se está enriba do escenario, e para
conseguilo, todos os/as asistentes tiñan que traer aprendido un breve
monólogo sacado de Blade Runner. As interpretacións de cada
un/unha foron gravadas en cámara, e proxectadas para ver como cambia nos
ollos do público ver un/unha artista segura de sí mesmo/a, e cunha
mensaxe definida, a cando se deixa todo á improvisación.
As risadas, e máis o bo ambiente, predominaron durante toda a acción formativa. Estamos seguros que alguén hoxe vai soñar coa porta de Tannhäuser e máis con Raios C.
As risadas, e máis o bo ambiente, predominaron durante toda a acción formativa. Estamos seguros que alguén hoxe vai soñar coa porta de Tannhäuser e máis con Raios C.
0 comentarios:
Publicar un comentario